Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

jueves, 7 de marzo de 2019

jueves, 28 de febrero de 2019

Para rematar a celebración do día de Rosalía levouse a cabo a  entrega da 10ª edición de Microrrelatos aos alumn@s  autores dos  textos  seleccionados.


                                                       Cantarte hei, Galicia,
                                                       teus dulces cantares, 
                                                       que así mo pediron
                                                       na beira do mare.

Esta era a promesa de Rosalía de Castro no seu libro Cantares gallegos, primeira obra publicada en galego despois do silencio dos Séculos Escuros. Non só se cumpriu a súa promesa senón que se converteu na voz do pobo galego, en toda a súa magna perspectiva, e foi tamén a voz da muller silenciada, a voz de denuncia e reivindicación en termos de igualdade.

Por iso e por todo o que non somos quen de transmitir nestas palabras, queremos lembrala unha vez máis, desta volta cando se cumpren 182 anos do seu nacemento. Nesta ocasión, no instituto Francisco Asorey  poñemos son á súa voz e ó seu pensamento a través de poemas seus, cantados, musicados, recitados e interpretados polo noso alumnado. Contamos co bo facer dos grandes intérpretes dos que goza o Asorey. Fermosas e coidadas voces, músic@s con destacadas cualidades e recitador@s de elevada mestría,  fixeron posible un momento de pracer artístico e cultural.

Agradecemos a implicación daquel alumnado e profesorado que dedica parte do seu tempo de lecer a traballar pola dignificación da cultura galega e universal.


 

viernes, 1 de febrero de 2019


Día da Candeloria, Día dos Namorados…..
Unidos polos chíos!

O día 2 de febreiro é coñecido popularmente en Galicia como o día da Candeloria (sóache a ti?) e todo o que trae consigo son símbolos positivos. VERÁS:

Para a igrexa é o día da luz, das candeas.

Na meteoroloxía obsérvase nese día como vai vir o que resta de inverno.

Na natureza medran os días e comeza o ciclo da vida.

No mar (sen tantos avances como poden ter agora) chegaba o momento de saír con máis seguridade, tras ter pasado os peores temporais.

Na cultura popular é o día no que casan os paxariños, tras retornar das súas invernais migracións e agardando pola vizosa primavera.

E por que non quedarnos con esta última idea e achegala nós tamén ata o veciño 14 de febreiro. Como saben estes pequeniños que sen amor non se pode vivir! Pois imos seguilos e voamos cara o amor!

Dende a Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística propoñémosvos, unha vez máis, que escribades nun formato mínimo, pequerrecho, cariñosiño… os vosos chíos en  galego, inglés, castelán, francés …en todas as linguas dedicados a todo aquilo que esperte en vós AMOR!!!

Non deixedes de mirar ó voso arredor para atopalo e seguide a todos estes paxaros que nos rodean!



jueves, 24 de enero de 2019

ENCONTRO CON PASQUAL ALAPONT


O alumnado de 4º de ESO gozou dun Encontro Literario con Pasqual Alapont, autor de El infierno de Marta. Fixeron unha análise da novela desde unha perspectiva de xénero, mais tamén desde unha óptica subxectiva e creativa.
O acto foi presentado por Jennifer Corbacho e Carlos Vázquez de 4º de ESOA. Amais, tod@s tiñan preparados vídeos sobre a novela e interesantes preguntas, o que lles permitiu mergullarse no fondo, na esencia da propia obra. 
Esta actividade forma parte do Programa de Fomento da Lectura, Ler dáche vidas extra, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.