Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

miércoles, 19 de octubre de 2011


Club de lectura do Asorey

Un ano máis o Clube de lectura do IES Francisco Asorey emprende a aventura de compartir a lectura en grupo. O profesor de Lingua Castelá, José del Río, convoca a alumnos de 1º e 2º de ESO para que se reúnan un día á semá nun recreo para facer algo tan sinxelo e apaixoante como ler un libro e falar del libremente. Pensa empezar cunha versión en cómic de El monte de la ánimas de Bécquer, debuxada por David Rubín, pero ten gardadas moitas ideas no peto para manter vivo o interese dos alumnos. Nestes momentos está buscando a outros profes que queiran colaborar con el neste traballo. Ánimo e noraboa.