Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

martes, 15 de noviembre de 2011


O catro de  novembro celebrouse no noso instituto o II Día da Ciencia en Galego co gallo de reivindicar o uso da nosa lingua para as materias científicas. Este ano  a Coordinadora Galega  de Equipos de Dinamización Lingüística   deu a oportunidade a cen centros de Galicia (que cumpriran certos requisitos) de asistir a unha videoconferencia impartida por D. Ángel Carracedo, que foi emitida desde a cidade de Natal en Brasil.
D. Ángel Carracedo, científico galego  de elite mundial,  falou para máis de seis mil alumnos de xenética forense, dos avances desta rama nas últimas décadas e do que se conseguiu grazas a eles. Comentounos como descubrimentos na composición do ADN favorecen, por exemplo, a investigación no ámbito criminal, no ámbito da xenética e da medicina en xeral. Contestou a un montón de preguntas que alumnos de toda Galicia lle enviaban vía chat e , todo isto dunha forma amena e apropiada para nós.

Debemos sentirnos afortunados de que  un gran investigador e médico forense,  solicitado polas policías científicas de moitos países,  persoa clave na resolución de moitas identidades, aceptara a invitación dos equipos de normalización para ofrecer unha conferencia destas características.

Paula Gondar Núñez, 1º de Bach. A