Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

martes, 14 de febrero de 2012

Co gallo da celebración do Día da Paz desde a Biblioteca Asorey preparamos unha exposición de textos que convocan á esperanza nun futuro de convivencia e entendemento entre todos os homes e mulleres do mundo. Os poemas de Alberti, Celaya, Benedetti, Blas de Otero, Celso Emilio Ferreiro e as cancións de John Lennon e Bob Dylan, así como as palabras de Concepción Arenal foron os contidos que ilustraron a nosa contribución a un Día da Paz que rematou coa interpretación do Blowing in the wind de Dylan por parte dun grupo entusiasma do centro.

Sáude e paz para todos.