Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

martes, 9 de octubre de 2012

CARAPUCHIÑA
 
No noso instituto tivemos de visita estes días a un lobo, unha rapaza cunha cesta, unha avoa enferma e unha nai que da consellos. Todos estaban nun bosque, pero no curso pasado viviron no Cole de San Tomé unha preciosa experiencia da que sairon moitas versións do conto de CARAPUCHIÑA. En libro, en desplegable, escritos ao dereito e ao revés, ou colocados nunha cartulina ou uns paneis, puidemos ver moitas versións dese conto feitas polos profesores e os alumnos do cole veciño. Noraboa polo bo traballo feito.