Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

martes, 13 de noviembre de 2012


 
JORDI SIERRA I FABRA VEN DE RECIBIR
O PREMIO CERVANTES CHICO
 
O pasado 22 de outubro entregouselle no Concello de Alcalá de Henares o Premio Cervantes Chico a Jordi Sierra i Fabra en recoñecemento á súa prolífica obra no eido da literatura xuvenil. Este escritor que foi durante anos crítico de música rock e pop declarou tras recibir o premio " que ama a literatura máis que nada no mundo" e afirmou que empatiza tanto cos seus personaxes, que vive e morre con eles.
 
O Cervantes chico que concede o Concello de Alcalá e a Asociación de Libreiros e Papeleiros da cidade complutense é polo conxunto da súa obra, 400 títulos e máis de dez millóns de libros vendidos en máis de 50 países.
 
No expositor da Biblio temos unha importante representación de libros de Sierra i Fabra, que sin dúbida, é unha das estrelas da sección de literatura xuvenil en castelán e en galego e que foi  lectura habitual de varias xeracións de alumnos do Asorey.