Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

sábado, 15 de febrero de 2014

Exposición da guerra
Este ano, desde a Biblioasorey, quixemos conmemorar o Día da Paz cunha exposición de obras literarias que tratan a guerra desde diferentes enfoques: a épica, o horror, a desilusión, o desastre, a desolación, o fracaso,… en fin, ese fracaso na resolución dos conflictos que está acaroado na condición humana sen remedio. 
Os alumnos de 4º B e C de ESO elaboraron unha exposición na que reseñan varias obras de autores como Hemingway, Remarque, Pérez-Reverte, Valle-Inclán, Joffo, e moitos outros  que se pode ver no exterior da Biblioteca.