Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

lunes, 21 de abril de 2014


Morreu o gran Gabo

O pasado 17 de abril todos os lectores do mundo perdimos a un grande da literatura latinoamericana e universal, Gabriel García Márquez. Do seu maxín e da súa intensa vida como escritor, periodista e intelectual, saíron algún dos títulos imprescindibles da novela do século XX: Cien años de soledad, El amor en los tiempos del cólera, Crónica de una muerte anunicada ou El otoño del patriarca. Tamén sacou tempo para escribir impresionantes reportaxes periodísticas como Noticia de un secuestro e para crear a Fundación do Novo Periodismo Iberoamericano ou a Escuela Internacional de Cine y Televisión de San Antonio de los Baños en Cuba. 
En 1982 recibiu o Premio Nobel de literatura por polas súas novelas e historias curtas, nas que o fantástico e o real son combinados nun tranquilo mundo de imaxinación rica, reflectindo a vida e os conflictos dun continente». Neste enlace podedes escoitar da súa propia voz o emotivo e comprometido discurso que fixo en Estocolmo cando recibiu o premio.

Como diría outro grande, Álvaro Cunqueiro: Mil anos máis para Gabo!