Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

jueves, 6 de noviembre de 2014


Este ano o Nobel fala francés. Despois das moitas quinielas que todos os anos se fan desde as catro esquinas do mundo, a Academia sueca rompeu as expectativas con este autor, moi recoñecido pola sua obra narrativa sobre a época da ocupación nazi de Francia durante a II Guerra Mundial e o goberno colaboracionista de Vichy. Dora Bruderou O café da xuventude perdida son dous dos seus títulos. O autor recibiu o premio “pola súa arte da memoria coa que evocou os destinos humanos máis difíciles de retratar e desvelou o mundo da Ocupación”.  Felicitations, Monsieur Modiano!