Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

lunes, 26 de enero de 2015

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
 ∏4τ∑∏∑ÁτIC4

O Departamento de Matemáticas, o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca Asorey convocan un Concurso de fotografía matemática.
Bases.
1.-Poden participar todos os alumnos do instituto.
2.-Cada alumno pode participar cunha soa fotografía.
3.-O tema das fotografías ten que estar relacionado co mundo das matemáticas, nas súas múltiples manifestacións (figuras xeométricas, mosaicos, simetrías, estatística e azar, etc.)
4.-A fotografía presentada debe ir acompañada de TÍTULO e unha breve DESCRICIÓN DO CONCEPTO MATEMÁTICO EMPREGADO.
5.-As fotografías enviaranse ao correo electrónico biblioasorey@gmail.com. O correo debe levar dous arquivos adxuntos: un coa fotografía e outro co NOME e APELIDOS DO AUTOR e o CURSO.
6.-O prazo de presentación finaliza o luns 9 de febreiro de 2015.
7.-O xurado estará composto polos membros do Departamento de Matemáticas do IES FRANCISCO ASOREY de Cambados.
8.-Haberá tres categorías:
·       1º e 2º de ESO
·       3º e 4º de ESO
·       Bacharelato e Ciclos Formativos.
9.-O premio será un vale de 25 euros para gastar en varios establecementos de Cambados para cada un dos tres gañadores nas tres categorías.
10.-A entrega dos premios aos gañadores realizarase o venres 13 de febreiro no Festival de Antroido.
11.-As fotografías enviadas formarán parte dunha exposición na Biblioteca.