Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

domingo, 8 de marzo de 2015

Nova biblioteca

Estes días remataron as melloras na Biblioteca Asorey que consistiron na incorporación de dúas novas estanterías para as sección de Ciencia, Biografías, Música, Cine, Pedagoxía e Psicoloxía, Educación Física, Idiomas, así como a extensión da sección de Literatura Xuvenil que esixía máis espazo desde hai tempo. Tamén incorporamos sillas altas para a sección de ordenadores e unhas mesiñas para a sección de lectura de prensa. O máis espectacular foron as novas lámparas que sustituiron aos antigos fluorescentes. Desde aquí agradecemos a Santiago Rey, profe de Electrónica, e aos seus alumnos a instalación destas novas luminarias