Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

jueves, 24 de septiembre de 2015



Nas Bibliotecas viven mundos diversos. Salvaxes e ameazadores uns, e cheos da calma morna do coñecemento fondo, outros. Nas Bibliotecas é sinxelo viaxar. Sen colas nin demoras, sen problemas de equipaxes ou cancelacións. Non hai fronteiras nin visados. Non é preciso máis lingua que aquela que nos permite explorar as selvas máis escuras, ou penetrar nos mares máis profundos. Tan só unha bandeira, aquela que guía ao lector polos vieiros das viaxes íntimas ou das grandes voltas ao mundo nos vellos veleiros, ou no famoso ferrocarril transiberiano, onde Ágata Christie resolvía complexos crebacabezas de inexplicables asasinatos... Aquel que demanda a emoción do descubrimento; a paixón de desenterrar mundos antigos e  compartir o coñecemento, a tensa procura da resolución dun caso, ou de atopar evidencias de quen fomos para saber, dunha vez por todas, quen somos.