Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

sábado, 21 de noviembre de 2015

CLUB DE LECTURA 2015/2016

Empezamos, co novo curso, unha nova andaina deste noso querido Club de Lectura Hipocampo Asorey.  Neste ano, teremos dous grupos: un formado por chicos e chicas de 1º e 2º da Eso, e outro cos rapaces de 3º e 4º. Coa mesma ilusión que o pasado curso, pero con maior proxección. Por iso agardamos que ás lecturas, exposicións e charlas cos autores, poidamos engadir algunha viaxe para coñecer novas  rotas literarias e novos lugares de interese.
Empezamos con Ari e o Minotauro, de Ramón Caride, e O Espido de Gina, de Miguel Anxo Fernández. Dous ourensáns que viven,senten e crean a súa obra en Cambados, entre nós.
A Lectura, é unha fiestra aberta que permite voar; poñer cores, voces  e  caras aos personaxes que nos permiten sentir amor ou odio, tenrura ou paixón ao imaxinar historias e mundos que, polo menos durante uns intres, logran facernos felices.