Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

miércoles, 25 de noviembre de 2015

DOS  DEREITOS DOS  NENOS

Neste días de Novembro, celebramos o Día Internacional dos Dereitos do Neno. Un Día para lembrar que aqueles seres humanos que teñen menos de 18 anos, son tamén depositarios de dereitos e que, non só os pais e as familias, se non tamén os Poderes Públicos, están obrigados a velar, preservar e garantir a súa integridade, dignidade e formación.

Por iso, dende a Biblioteca, organizamos unha Exposición que recolle os diferentes artigos desta Declaración de Dereitos, e elaboramos un cuestionario que, os alumnos/as de 1º e 2º da ESO, deben cumprimentar  lendo o material que compón a exposición. O Departamento de Sociais, acolle a dirección desta interesante actividade, estruturando unha ollada transversal  sobre estes contidos.