Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

viernes, 8 de enero de 2016

A VISITA E CHARLA DE RAMÓN CARIDE.

O lúns 14 de Decembro, o Escritor Ramón Caride Ogando, volveu visitarnos no Club de Lectura. Nesta oportunidade, foi para falarnos do seu libro “ ARI E O MINOTAURO”. Unha novela emotiva e que relaciona o mito do Minotauro, co tempo perdido, os acompañantes inesperados e as relación interpersoais, incluso, interxeneracionais.
Foi unha charla distendida, amena e divertida, na que Caride, vello amigo deste Club, respostou a tódalas preguntas que os alumn@s lle fixeron sobre esta entretida novela. Asimesmo, amosou a súa satisfacción pola Exposición montada en torno a esta novela, centrada na creación de posíbeis ilustracións para esta obra do autor ouresán afincado en Cambados.