Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

martes, 24 de mayo de 2016

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


A Semana das Letras tamén contou cunha xornada didáctica titulada O ciclo do ano. O alumnado de 1º e 2º de ESO tivo a oportunidade de participar nun obradoiro moi interesante, no que por medio da música, da danza, da actuación, realizaron unha viaxe fantástica ás festividades e momentos do ano máis sinalados. O Nadal, o Entroido, os Maios, a seitura, a lasca do liño... foron lembrados e traídos á actualidade da man da Asociación Trepia  que soubo cativar ao noso público máis xove, da mesma maneira que fixo o  Narf cos alumnos de 3º, 4º e 1º de Bacharelato. A ritmo de rock e, cunha guitarra como coprotagonista, a fermosa voz de Fran Pérez levounos a percorrer distintos países e culturas. Dende Galicia, con versos de Rosalía, á Bahía ou Mozambique. O galego e o portugués apareceron ante nós como linguas de unión entre continentes afastados, entre países lonxanos, recordándonos unha vez máis, que a nosa cultura tende pontes cara a outras moitas e que coa nosa lingua nos podemos comunicar con milleiros de persoas por todo o mundo, como fai el.