Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

lunes, 28 de noviembre de 2016

Que é un día nunha loita? Que é  unha lembranza? Un día non é nada se ese día non chama a unha tarefa pensada, preparada,  organizada,  sincera  e habitual. Unha lembranza é moito se nos mantén na rutina diaria do bo facer.
O pasado 25 de novembro enchéronse todos os medios de comunicación, de noticias, chamadas, comentarios  e bos desexos relacionados coa Violencia de Xénero. Chamadas reiteradas á igualdade, condena aos asasinatos de mulleres, que seguen aumentando e avergoñando a especie humana. Un sinfín de cartaces e palabras xurdían, sen sermos quen de buscar solucións reais e efectivas .
No Asorey tamén lembramos a todas as mulleres sen voz, maltratadas, anuladas... porque  non queremos esquecer, nin consentir, senón finalizar con este mal, froito dunha sociedade enferma que permite que aínda haxa seres capaces de tales atrocidades.
Damos as grazas ao alumnado que participou amosando esta crúa realidade coa intención de colaborar coa súa erradicación definitiva.

EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO