Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

miércoles, 14 de diciembre de 2016

A SEMANA DA MÚSICA 

A música  é un aloumiño serpenteante e iluminador que fai aflorar o mellor de nós mesmos. Guíanos cara a apertura e cara o conxunto do coñecemento e disfrute da vida. Empatiza con todos os campos do saber e fainos máis profundos. É por todo isto que a consideramos básica para percorrer con ela o camiño da educación e da aprendizaxe.
Neste mes de novembro, como vén sendo habitual, celebramos a Semana da Música. O Salón de Actos, a  Biblioteca, o Vestíbulo e a Cafetería convértense, nos recreos, en simultáneos e improvisados escenarios onde diferentes artistas, pertencentes ao noso alumnado, amosan  o seu saber facer e arroupan o noso ser.
Queremos agradecer a todo alumnado participante a súa arte e disposición e  agradecemos tamén ao profesorado que axudou a que isto fose posible.