CEN ANOS HAI !
O 8 de
marzo de 1917 morría na Coruña Eduardo Pondal, o bardo, o poeta que quixo
darlle a Galicia unha identidade cultural, histórica e antropolóxica. Para iso,
creou un mundo céltico repleto de referencias heroicas, de lugares míticos por
onde ecoan as voces do nosos devanceiros intentando espertar aos galegos do seu
longo letargo; lembrándonos o pasado
glorioso vivido e inxectando en todos nós a loita pola nosa lingua e a nosa
identidade.
100 anos despois, a Biblioteca e o
EDL do Asorey quere honrar á súa memoria e o seu magno labor cunha pequena
exposición na que se pode ler algún dos
seus versos e por suposto, o poema titulado Os Pinos, que se convertería, máis
tarde, no himno galego.
Animámosvos a que vos paredes un intre e vos
deixedes levar polo son dos rumorosos