Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

martes, 9 de enero de 2018

E chegou o Nadal!

O 21 de decembro o escenario do noso instituto iluminouse para recibir a grandes artistas. Despois de asistir a unha representación teatral, comezou o noso festival. Mariña Area e Iria Ferreiro mostráronnos que son capaces de presentar e bailar como ninguén, os alumnos/as de 3º B interpretaron unha fantástica coreografía, 2º Bacharelato A escenificou un belén, Mariña Costa e Mariña Rodríguez sorprendéronnos con "Let it snow" e Sofía Vilanova e Lara Rey arrincaron fervorosos aplausos co "Adeste Fidelis". Todo isto aderezouse coa estrea dun extraordinario vídeo que dende o IES Asorey se vai presentar ao concurso de Dinamización Lingüística "Vindevideos" convocado pola  Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Cultura, no marco da programación conmemorativa que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria puxo en marcha co gallo da estadía en Galicia do Pergamiño Vindel.