Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

viernes, 8 de junio de 2018


 
Dende o IES Asorey, a Comunidade Educativa de alumn@s e Profesor@s, queremos poñer en valor a Igualdade e por iso, ao longo deste curso, moitas actividades tiveron coma leit motiv a denuncia da discriminación e o traballo en positivo pola maior visibilización da muller en todos os aspectos. A parede da Igualdade ou o Mural da Educación fonte de Paz, dirixidas e creadas por Gerardo Rodríguez, “Chere”, foron dúas pezas máis neste programa que agora culminamos con "SINGULARFEMME". Contamos tamén con moitas aportacións de artistas amig@s, aos que agradecemos a súa colaboración que agranda aínda máis, a calidade artística da Mostra. Dende a Pintura, a Fotografia, a Escultura ou a Música, a linguaxe artística fala hoxe de Muller e de Igualdade.