Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

jueves, 28 de febrero de 2019

ROSALÍA

                                                       Cantarte hei, Galicia,
                                                       teus dulces cantares, 
                                                       que así mo pediron
                                                       na beira do mare.

Esta era a promesa de Rosalía de Castro no seu libro Cantares gallegos, primeira obra publicada en galego despois do silencio dos Séculos Escuros. Non só se cumpriu a súa promesa senón que se converteu na voz do pobo galego, en toda a súa magna perspectiva, e foi tamén a voz da muller silenciada, a voz de denuncia e reivindicación en termos de igualdade.

Por iso e por todo o que non somos quen de transmitir nestas palabras, queremos lembrala unha vez máis, desta volta cando se cumpren 182 anos do seu nacemento. Nesta ocasión, no instituto Francisco Asorey  poñemos son á súa voz e ó seu pensamento a través de poemas seus, cantados, musicados, recitados e interpretados polo noso alumnado. Contamos co bo facer dos grandes intérpretes dos que goza o Asorey. Fermosas e coidadas voces, músic@s con destacadas cualidades e recitador@s de elevada mestría,  fixeron posible un momento de pracer artístico e cultural.

Agradecemos a implicación daquel alumnado e profesorado que dedica parte do seu tempo de lecer a traballar pola dignificación da cultura galega e universal.