Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

martes, 26 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA


Tódalas manifestacións literarias son importantes porque nos ensinan os camiños da vida  a través do divertimento e axúdannos na nosa expansión como persoas. A poesía é arte, é paixón, é movemento, é amor, é filosofía... é todo o que ti queiras que sexa. Todos somos poetas. Todo se converte en poesía se poñemos o foco no que miramos, escoitamos, tocamos ou ulimos. Trasladamos as nosas impresións ao verso e  facemos poesía. Así o fixeron os alumnos de 1º de ESO que, en lugar de memorizar o presente do verbo SER, preferiron aprendelo a través dos versos que eles mesmos construíron  con moita mestría.

Escribíronse poemas en maxifolios polas paredes da Biblioteca, outros colgáronse nunha armadura  no teito da mesma,  outros escribíronse en paneis expositores no vestíbulo do noso instituto. Mesmo houbo poesía matemática, a través dunha explicación chea de sonoridade e concisión.

Quixemos percorrer os corredores arrolados pola musicalidade dos versos que ían saíndo ao noso encontro.

21 MARZO