Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

domingo, 10 de marzo de 2019

8 DE MARZO

Non hai volta atrás! Esta loita non se estanca, avanza. Os abusos e inxustizas que xorden cada día non fan máis que enchernos de carraxe e incendiar o noso desexo de pelexar polo dereito á liberdade de ser persoas cos mesmos dereitos e oportunidades. Mulleres ou homes, brancos ou negros, homosexuais ou heterosexuais... Nin superiores nin inferiores, nin valentes nin débiles... Simplemente persoas!

Un ano máis chega o 8 de marzo que nos lembra que non podemos desistir na tarefa de reivindicar o que nos pertence,  o dereito a ser mulleres libres e en igualdade cos homes.

Dende a escola podemos traballar neste senso, e iso facemos cada día, pero é moi pouco se non se traballa en tódolos círculos da sociedade de xeito contundente.

No IES Francisco Asorey lembramos a tódalas mulleres asasinadas e dicimos "Nin unha máis. BASTA XA!". Apropiámonos do logotipo que Laura Luelmo deseñou antes de ser asasinada brutalmente por unha desas bestas que se fan chamar "homes" avergoñando ao resto.

Elaboráronse viñetas, frases, imaxes, símbolos... para darlle máis protagonismo a este día, pero TÓDOLOS DÍAS SON 8 DE MARZO!