Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

jueves, 3 de octubre de 2019

BENVID@S


De falar, falarei coa terra
a negra terra
onde prende a raíz.
A terra que se pisa.
A terra que se queima e que se crava.
A terra verdadeira,
Ese enorme lenzo onde o home debuxa o seu capricho… …


Así comeza este poema de Manuel Rivas pertencente á súa obra O pobo da noite.

Cal é o capricho das xentes do presente? Coidar ese enorme lenzo coloreándoo con cores que respecten a súa  natureza ou con pinturas invasoras que destrúan a seiva do futuro?
E con estas preguntas e outras no tinteiro, comezamos este novo curso 2019-2020, unha nova andaina do noso  blog da Biblioteca Asorey.
Preguntas que nos fagan pensar neste espazo  que pisamos, na coherencia e no equilibrio vital de todos os seres vivos que formamos parte dese lenzo  que pretendemos colorear.
Inciamos, pois, este percorrido e queremos dedicarcho a TI. Gustaríanos que coincidisen parte dos teus gustos e inquedanzas cos nosos, para avanzarmos xunt@s  cara novos vieiros, coa finalidade de enxalzar a nosa lingua e a nosa cultura,  abríndonos a todas as formas de ser e de estar no mundo.

Un pracer volver estar xunt@s!