Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

lunes, 11 de noviembre de 2019

MarDeLetras




O venres dia 8 de Novembro, o Asorey vestíuse de gala para proceder a entrega de Premios do II Concurso Cambados MarDeLetras. UN concurso literario nas modalidades de Relato Curto e Poesía que organizamos en colaboración co Concello de Cambados, e conmemorando o Día de Cabanillas en Cambados.
Tino Cordal, o novo Concelleiro de Cultura, acompañounos no acto e dirixíuse ao Auditorio poñendo en valor a dinamización cultural. E Cristina Corral, a Presidenta do Xurado e tamén Escritora, animou aos alumnxs a seguir escribindo e a buscar o seu propio camiño e a súa propia voz literaria. María Gómez deu lectura ao Acta do Xurado e  tivemos a gran satisfacción de que na modalidade de Poesía, os irmáns LUCÍA BOULLOSA ÁLVAREZ E MARCOS BOULLOSA ÁLVAREZ, obtiveron o 1º e o 2º premio respectivamente. UN fermoso acto no que as maxistrais interpretacións de Pablo Costa ao piano, e Mariña Chaves e Ainoa ás flautas traveseiras, pecharon brillantemente un acto cheo de ledicia e  de creatividade.