Aproveite ben
febreiro quen mal folgou en xaneiro!
E pensabamos que este era o mes
pequeno...!!! Pois veu ben cargadiño e non nos queremos perder nin unha das
citas, que dan para todos os gustos!
Así que xa traballamos ...
ü
as
citas de todos os amores (dende os paxariños, ata as parellas, familiares,
amigas…), co noso popular concurso de chíos...
ü
o
recordo para a radio e todas as achegas que nos ofrece só con ter algo
receptivas as nosas fermosiñas orellas, cunha edición especial dende Jolichadas Radio
ü
a
importante presenza das mulleres científicas, cunha pequena exposición feita
por alumnado da ESA no Ámbito Científico
E quédannos para rematar o mes 3
que non podedes perder…
ü
a
festa grande do entroido, que non hai lugar en Galicia que non celebre! No
Asorey estrearémonos este ano coas populares coplas. Quedará alguén sen tocar?
ü
O
Día Internacional da Lingua Materna, que a UNESCO instaurou no 21 de febreiro
para sensibilizar acerca da importancia dos idiomas que garanten a diversidade
e o diálogo intercultural, sempre imprescindibles. Nós recordarémolo achegándoo
a Rosalía.
ü
O
Día de Rosalía de Castro, que no 24 deste mes quere unha festa ben merecida. O
noso agradecemento virá reformulando a súa gran poesía, con versións artísticas
diversas, todo envolveito nun fermoso papel de festival!
Só poderemos aguantar tanta
actividade petiscando de todos os doces desta tempada!!!