Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

domingo, 24 de mayo de 2020

ÁRBORES DE GALIZA: O NOSO XOGO


Neste mes de maio tan de natureza, tan de plantas ímosvos falar de árbores e presentarvos un proxecto no que a biblioteca leva traballando todo o curso, queremos amosarvos...

ÁRBORES DE GALIZA


Estes novos xogos, que xa están na biblioteca a disposición de tod@s vós, son unha divertida maneira de coñecer toda a enorme cantidade de flora que temos en Galiza e que de seguro casi nin coñecemos. O xogo conta cunha serie de fichas é un manual que nos servirá de axuda cando xoguemos a relacionar nomes de árbores, follas, flores, etc.
Para este proxecto tivemos a sorte de contar con dúas persoas que son maestras neste eido, Adela Leiro Lois e Mon Daporta Padín, sendo ademais a primeira exprofesora do centro.



E si xa temos o xogo so nos falta atopar voluntari@s para vir xogar con eles á biblioteca, así que cando voltemos ás aulas estarán esperándovos nas nosas baldas para que os estrenedes.









Se queredes saber máis deste proxecto aquí vos deixamos algo de información:



Aproveitamos para rematar esta presentación e xa que estamos a falar de árbores, para vos recomendar dous libros que falan deles e que podedes atopar na biblioteca:


A XEIRA DAS ÁRBORES de Teresa Moure


DONDE LOS ÁRBOLES CANTAN de Laura Gallego


Aquí abajo os dejamos el booktrailer...

No hay comentarios:

Publicar un comentario