DÍA DA MULLER
Dende o IES Asorey seguimos traballando pola Igualdade. A conmemoración do 8M foi contemplada dende diversas propostas educativas e creativas, que tiñan o elemento común de visibilizar a loita da Muller pola Igualdade ao longo do tempo.
Diversos profesorxs
representaron unha dramatización pedagóxica desta evolución, apoiándose nunha
presentación que recollía a moitas destas mulleres e as súas aportacións á
historia deste proceso pola consecución de Dereitos. Foi no Salón de Actos con
4 cursos presenciais e o resto nas aulas mediante enlace para visionado en
streaming.
Asimesmo, confeccionáronse
Murais que enchen as paredes do centro e recollen figuras femininas de diversos
ámbitos. E Frases para a Igualdade que se escribiron en avión de papel que despois
botánse a voar no vestíbulo principal.
Finalmente, alguna das frases
elaboradas foron elexidas para ser impresas en vinilos que foron ubicadas en
zonas do centro como elemento de motivación e apoio.
O 8M é moito máis que unha
celebración, é un exercicio permanente de concienciación e que debe figurar de
modo horizontal en todas as programacións de actos que levemos adiante.
Elaboramos carteis para conmemorar o 90 aniversario do voto feminino
No hay comentarios:
Los comentarios nuevos no están permitidos.