Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

miércoles, 28 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

Para celebrar o día do libro pedímoslle aos alumnos que viaxasen coa imaxinación, xa que nas circunstancias actuais non se pode facer fisicamente. 

A partir da proxección de fotos de viaxes protagonizadas por profesores e acompañados de Pegman,  o bonequiño viaxeiro, tiñan que seleccionar a imaxe que máis lle inspirase e escribir unha escapada imaxinaria.