Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

lunes, 25 de octubre de 2021

DÍAS DAS BIBLIOTECAS

 O día 24 de outubro celébrase o Días das Bibliotecas, polo tanto, como quen di, estamos de aniversario... para celebrarmos puxemos en marcha unha actividade que permite ao alumnado "liberar libros" e así foi que nos unimos ao movemento mundial de Bookcrossing.

Teremos dende hoxe na biblioteca unha especie de estación de libros viaxeiros, aquí farán noite (ou días) antes de pasar ao seu seguinte destino.




O movemento de bookcrossing o que pretende é que os libros viaxen dun destino a outro, dun país a outro, dunhas mans a outras, de xeito libre e controlado. Así aquelas persoas que deixen libros libres poderán seguir a súa viaxe a través da web de Bookcrossing.






Non deixedes de pasar a visitalos, a levar algún ou a deixar un novo.... Aquí estarán agardando por vós para a súa seguinte aventura.




1 comentario:

  1. Lucky Club Casino Site - Get Lucky Club Casino 2021 &
    Lucky Club Casino site. We make you feel at luckyclub.live home with our world-class online casino experience and all your favourite games. We've got something for everyone!

    ResponderEliminar