Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

jueves, 14 de octubre de 2021

SEMANA DO LIBRO ILUSTRADO EN BIBLIOASOREY...

Nos libros ilustrados as historias son contadas por palabras e as imaxes ilustran momentos puntuais do relato que se nos conta. A principal diferenza entre un libro ilustrado e un libro álbum radica no código usado para o desenvolvemento da narración: o libro ilustrado válese só da linguaxe textual para narrar, mentres que a narración do libro álbum sérvese da interacción entre a linguaxe textual e a visual. 

Para celebrarmos o Día das Bibliotecas, en Biblioasorey tedes á vosa disposición varios exemplares ilustrados como Algúns contos completos de Domingo Villar e gravados de Carlos Baonza. Tamén contamos coa edición de Ricardo Cavolo para Romancero Gitano de Lorca. Que vos gusta a bioloxía? Podedes gozar da última obra de José Arcas, Viches iso? Ou investigar sobre a arte do Renacemento a través do último cómic de Pedro Cifuentes...

Vén pola Biblioteca e bótalles un ollo... 




               

 


           





No hay comentarios:

Publicar un comentario