Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

martes, 9 de noviembre de 2021

A semana da ciencia no Asorey

Este ano as actividades  xiran arredor da conmemoración do Ano Internacional das Froitas e Verduras (FAO) e o 150 aniversario da publicación do libro  A orixe do home de Charles Darwin. Así pois, ademais de falar da química na horta e de almorzos saudables, desde esta semana pódese ver unha exposición sobre Charles Darwin, organizada polo departamento de Bioloxía e a Biblioteca Asorey, centrada nas diversas publicacións e edicións dos seus libros, con paneis informativos, o baúl de viaxe de Darwin no Beagle e unha recreación sonora inspirada nos diferentes lugares polos que transcurriu dita viaxe.




BANDA SONORA DA VIAXE DO BEAGLE

O 11 de novembro, o alumnado de 3º de ESO gozou dun almorzo saudábel  co que aprenderon sobre as vitaminas que consegue o organismo con determinados alimentos e a importancia de almorzarmos todos os días.