Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

jueves, 25 de noviembre de 2021

OUTRO 25N

Neste 25 de Novembro quixemos poñer en valor o empoderamento da muller e darlle  visibilidade ao que, con demasiada frecuencia pasa desapercibido. A través dunha mostra de 9 fotografías realizadas por unha  fotógrafa nova da Mariña Lucense, María Simón, quixemos facer unha homenaxe as redeiras, unha actividade tan fundamental  e ao mesmo tempo tan pouco visible para a meirande parte da sociedade. 

Hoxe o Asorey tivo a honra de recibir a Josefa Abal, Sefa. Redeira e Muller que explicou ao alumnado de 4º da ESO en que consistía a súa actividade profesional e as múltiples dificultades e condicionamentos que este traballo levaba consigo. Foi amena e interactuou cos nosos xoves, e ata fixeron prácticas de enfiar a agulla e se atreveron con algúns enmalles. Dentro das actividades do Centro, enmarcadas na idea central da exposición Mulleres de noso, a nosa convidada Josefa Abal personifica claramente o perfil de mulleres loitadoras e silenciadas, que abren valos e que nos transmiten a forza dos seus valores e o exemplo de como sempre avanzaron, a pesar dos atrancos e das vidas difíciles que lles tocou vivir.