Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

lunes, 22 de noviembre de 2021

SEMANA DA MÚSICA...

Hoxe, día de Santa Cecilia, arrinca a Semana da Música grazas ao Departamento de Música que dirixen a profesora Ofelia e o profesor Moisés. 

Comezamos cunha FOLIADA, tamén coñecida como serán, ruada, fiadeira... Ten orixe nas celebracións folclóricas asociadas aos traballos do campo. Cando chegaba o inverno e non se podían traballar as terras ou saír co gando, os veciños xuntábanse para realizar traballos colectivos (matanza do porco, trasego do viño...) e socializaban con música tradicional galega e baile. Os instrumentos máis utilizados nestas celebracións eran as pandeiretas, cunchas e gaitas, entre outros. 

Velaquí ao noso alumnado deleitándonos cunha boa foliada matutina!!!