Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

miércoles, 23 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA NO IES FRANCISCO ASOREY...

Este ano celebramos o Día de Rosalía con poesía, alborada e caldo de Gloria coa receita que se deduce do poema Miña casiña, meu lar. Unha idea que se nos propuxo este ano a través da Fundación Rosalía de Castro.

Con esta iniciativa conseguimos reivindicar a figura de Rosalía de Castro en particular e da muller rural do século XIX en xeral, para poder continuarmos Navegando con M de Muller...