Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

miércoles, 23 de marzo de 2022

NO SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

 Este ano o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra leva por título: "Con moita arte" e fomos convidad@s, como Instituto de fóra de Pontevedra, a participar na exposición de traballos, así que decidimos apostar pola arte pero centrada nas mulleres, coa montaxe "Artelladoras". Dado que durante moitos séculos a súa labor artística foi silenciada decidimos darlle presenzalidade a moitas delas. Así que empezando pola montaxe (que alude á moda, onde tanto fixeron/fan e onde moitas veces so se menciona aos modistos que están por diante...) que é un maniquí, de estética Art-Decó, tanto na cartelería (obra desinteresada da ilustradora galega Aurora Cascudo Román) como na montaxe xeral.



Homenaxe a elas é tamén o código QR que aparece na vestimenta, dende onde se pode acceder á reinterpretación que o alumnado de 4ºESO fixo de "La Insolación"de Carmen Laforet.



A nosa idea era montar a través dunha longa falda de deseño unha exposición de mulleres artistas: arquitectas, directoras de cine, artistas plásticas, etc. Para iso contamos coa axuda de todas as clases do IES, que nas súas horas de titoría se encargaron de localizar a información destas mulleres.

Aquí vos deixamos foto da montaxe...


Que por certo, podémosvos dicir, que está colleitando moit@s seguidores/as nos días de visitas ao Salón :)


(Agradecemos especialmente ao préstamo desinteresado que nos fixo Madynovias para poder montar o noso deseño.)