Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

jueves, 10 de marzo de 2022

8M - DÍA DA MULLER TRABALLADORA, 2022

OBRADOIRO LITERARIO CON DORES TEMBRÁS

Hoxe na biblioteca celebrouse un  obradoiro poético con Dores Tembrás. Revisamos o mito de Penélope a través da literatura galega.

Navegamos con M de Muller...

Dores Tembrás fíxonos unha revisión do mito de Penélope a través da literatura galega e en clave feminista. Tamén nos deu pautas para escribirmos os nosos propios poemas.

8 M hoxe e sempre! Graciñas, Dores!



MULLERES INVENTORAS

O alumnado de FP1 encargouse de nos informar sobre todas aquelas mulleres que deixaron para o noso uso e desfrute grandes inventos. Na maioría dos casos ou non as coñecemos ou nunca nos falaron delas. Aquí están algunhas delas.







PRIMEIRAS GALEGAS XORNALISTAS

Tamén nos fixo unha achega interesante o alumnado de FP2, descubríndonos con esta pequena exposición, cales foron as primeiras mulleres xornalistas, articulistas ou correspnsales noutros países que naceron en Galiza.