Morreu o gran Gabo
O pasado 17 de abril todos os lectores do
mundo perdimos a un grande da literatura latinoamericana e universal, Gabriel
García Márquez. Do seu maxín e da súa intensa vida como escritor, periodista e
intelectual, saíron algún dos títulos imprescindibles da novela do século XX: Cien años de soledad, El amor en los tiempos
del cólera, Crónica de una muerte anunicada ou El otoño del patriarca. Tamén sacou tempo para escribir
impresionantes reportaxes periodísticas como Noticia de un secuestro e para crear a Fundación do Novo Periodismo
Iberoamericano ou a Escuela Internacional de Cine y Televisión de San Antonio
de los Baños en Cuba.
En 1982 recibiu o Premio Nobel de
literatura por polas súas novelas e historias curtas, nas que o fantástico e o real son combinados nun tranquilo
mundo de imaxinación rica, reflectindo a vida e os conflictos dun continente». Neste
enlace podedes escoitar da súa propia voz o emotivo e comprometido discurso que
fixo en Estocolmo cando recibiu o premio.
Como diría outro grande, Álvaro Cunqueiro:
Mil anos máis para Gabo!