Páginas
lunes, 20 de junio de 2022
viernes, 17 de junio de 2022
ACCIÓN POÉTICA
Hoxe o alumnado do instituto xunto cos profesores Cristina Corral e Gerardo Rodríguez “Chere”, pintaron na parede lateral do pavillón os versos escollidos na celebración do Día da Poesía aumentando o espazo artístico do IES Francisco Asorey.
jueves, 9 de junio de 2022
MULLERES CHEAS DE MAR
UN MURAL ADICADO ÁS MULLERES DO MAR AMPLÍA A "GALERÍA DE ARTE" DO IES ASOREY
jueves, 2 de junio de 2022
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
Esta semana recibimos a visita dos alumnos dos centros de primaria de Vilariño, Castrelo e San Tomé.
martes, 17 de mayo de 2022
Día das Letras Galegas
EMIGRACIÓN E
EXILIO, velaquí dúas palabras que denotan partida, fuxida do lugar propio, por obriga.
A fame ou o perigo inminente son os instrumentos punzantes que empurran
a marcha. O que connotan ten tal dimensión que é
difícil simplificalo nunhas liñas. Agora ben, aínda que ámbolos dous vocábulos
significan “partida”, hai claras
diferenzas de contido, no fondo e na forma . A RAG defíneos deste xeito:
2. por extensión Conxunto de
emigrantes.
3. por extensión Circunstancia de vivir emigrado.
2. Lugar onde vive a persoa exiliada.
3. Período de tempo que bota neste lugar.
Estas accións implican moito máis do que aquí queda reflexado. Pero as definicións non recollen, na maioría dos casos, as vivencias reais.
Como todos os cursos, dende a biblioteca organizamos unhas xornadas para a elaboración de microrrelatos nas que participa todo o alumnado. Proponse cada ano un tema e expóñense imaxes, vídeos, música, olores, sabores... , aquilo que nos pareza axeitado como motivo de inspiración. Neste curso centramos o tema no exilio que tivo que padecer, entre outr@s moit@s, o noso polifacético Fernando Delgado Gurriarán.
Para esta creación individual amósase unha exposición de fotografías que reflicten a crúa realidade, do pasado e do presente. O que cada alumn@ interprete e imaxine será o produto final convertido en relato que será posteriormente seleccionado para a futura edición e publicación dun libro.