Páginas
viernes, 28 de octubre de 2022
SAMAÍN E MAGOSTO 2022!!!
lunes, 22 de noviembre de 2021
SEMANA DA MÚSICA...
Hoxe, día de Santa Cecilia, arrinca a Semana da Música grazas ao Departamento de Música que dirixen a profesora Ofelia e o profesor Moisés.
Comezamos cunha FOLIADA, tamén coñecida como serán, ruada, fiadeira... Ten orixe nas celebracións folclóricas asociadas aos traballos do campo. Cando chegaba o inverno e non se podían traballar as terras ou saír co gando, os veciños xuntábanse para realizar traballos colectivos (matanza do porco, trasego do viño...) e socializaban con música tradicional galega e baile. Os instrumentos máis utilizados nestas celebracións eran as pandeiretas, cunchas e gaitas, entre outros.
jueves, 11 de noviembre de 2021
CONCURSO DE CABAZAS DE SAMAÍN, 2021.
martes, 9 de noviembre de 2021
A semana da ciencia no Asorey
Este ano as actividades xiran
arredor da conmemoración do Ano Internacional das Froitas e Verduras (FAO) e o
150 aniversario da publicación do libro A orixe do home de Charles Darwin. Así
pois, ademais de falar da química na horta e de almorzos saudables, desde esta
semana pódese ver unha exposición sobre Charles Darwin, organizada polo
departamento de Bioloxía e a Biblioteca Asorey, centrada nas diversas
publicacións e edicións dos seus libros, con paneis informativos, o baúl
de viaxe de Darwin no Beagle e unha recreación sonora inspirada nos diferentes
lugares polos que transcurriu dita viaxe.
lunes, 24 de mayo de 2021
Carme Hermo presenta "Man de Camelle" no IES F. Asorey.
Hoxe visitounos Carme Hermo, unha pintora e profesora que veu falar da vida e da obra de Man de Camelle. Precisamente, así é como se titula o libro que, sobre este recoñecido personaxe da Costa da Morte, escribíu e publicou na editorial Kalandraka.
A charla foi coordinada pola profesora e tamén artista Rocío Domenech para o alumnado de 1º de ESO. Didáctica, emotiva, suxerente e sempre perfectamente acompasada coas imaxes e os debuxos que a pintora elaborou para da a coñecer a vida e obra de Man, ese alemán de Camelle.
XELA ARIAS DA MAN DE YOLANDA CASTAÑO.
martes, 18 de mayo de 2021
PODCAST SOBRE XELA ARIAS. LETRAS GALEGAS 2021.
As Letras Galegas do 2021 dedícanse á poeta, tradutora e editora Xela Arias. Para rendírmoslle a nosa pequena homenaxe , alumn@s do noso instituto guiad@s por un grupo de profesor@s, gravamos uns podcasts para percorrermos e achegarmos algo máis sobre a súa figura e a súa obra. Estes podcasts xorden de interpretacións subxectivas e persoais. Así pois, alumnos e alumnas de 1º de ESO len poemas de Xela Arias mentres comparten alegres comentarios nocturnos; alumnas e alumnos de 2º de ESO elaboran un interesante concurso de Letras para as Letras dedicacas a Xela Arias; alumnas e alumnos de 4º ESO fan un percorrido artístico para louvar e conmemorar a esta ilustre figura literaria. Estas son algunhas das gravacións que fixemos e que agora vos amosamos para que as escoitedes con cariño. Desexamos que sexan do voso agrado.
martes, 12 de mayo de 2020
HAIKUS NO CONFINAMENTO
martes, 22 de octubre de 2019
ARRANCA O CLUB DE LECTURA!!!
O pasado venres deu comezo o Club de Lectura deste novo curso. Comezamos cunha obriña de teatro, Ruído nunha noite de verán de Mª Inés Falconi. Trátase dunha versión da famosa obra de Shakespeare, Soño dunha noite de verán.
Estanos gustando tanto que... En breve haberá algunha sorpresiña!!
E ti, a que agardas? Únete ao noso clube e goza da lectura adozada con chocolate.



















