Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

Mostrando entradas con la etiqueta #plambe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #plambe. Mostrar todas las entradas

viernes, 18 de noviembre de 2022

Semana da Ciencia 2022.

Estes días estivemos a celebrar a Semana da Ciencia que organizan os departamentos de Bioloxía, Física e Química...etc. e no que colaboramos grazas tamén ás iniciativas das Bibliotecas Escolares. 

Entre as actividades que se foron desenvolvendo ao longo da semana, destacamos os obradoiros de química nos que aprenderon a extraer o ADN das células vexetais, a mudar a cor das moedas ao metelas nunha disolución de cloruro de mercurio... 

Por outra banda, aproveitamos para prostesta contra o cambio climático a través da figura de Greta Thumberg e veu a RTVE gravarnos (RTVE: Greta Thumberg).

Tamén se levaron a cabo charlas con membros da Asociación ecoloxista Salnés sobre o desastre ecolóxico do Prestige acontecido hai vinte anos e recuperouse unha exposición que fixera a profesora Adela Leiro (hoxe xubilada, pero continúa colaborando no centro). 

Para rematar a semana, o alumnado tivo a sorte de traballar a Astronomía e ver o cosmos a plena luz do día desde un planetario portátil que foi instalado no ximnasio ( ASTRONOMÍA ). 

Non podemos esquecernos da lectura do manifesto de José Tubio que leron as alumnas de 1º de Bacharelato, Raquel Bea, Mercedes Suárez e Naia Rodríguez  (LECTURA MANIFESTO ), e da escolma de lecturas sobre esta temática...  


    















lunes, 24 de mayo de 2021

Carme Hermo presenta "Man de Camelle" no IES F. Asorey.

Hoxe visitounos Carme Hermo, unha pintora e profesora que veu falar da vida e da obra de Man de Camelle. Precisamente, así é como se titula o libro que, sobre este recoñecido personaxe da Costa da Morte, escribíu e publicou na editorial Kalandraka. 

A charla foi coordinada pola profesora e tamén artista Rocío Domenech para o alumnado de 1º de ESO. Didáctica, emotiva, suxerente e sempre perfectamente acompasada coas imaxes e os debuxos que a pintora elaborou para da a coñecer a vida e obra de Man, ese alemán de Camelle.