Estes días estivemos a celebrar a Semana da Ciencia que organizan os departamentos de Bioloxía, Física e Química...etc. e no que colaboramos grazas tamén ás iniciativas das Bibliotecas Escolares.
Entre as actividades que se foron desenvolvendo ao longo da semana, destacamos os obradoiros de química nos que aprenderon a extraer o ADN das células vexetais, a mudar a cor das moedas ao metelas nunha disolución de cloruro de mercurio...
Por outra banda, aproveitamos para prostesta contra o cambio climático a través da figura de Greta Thumberg e veu a RTVE gravarnos (RTVE: Greta Thumberg).
Tamén se levaron a cabo charlas con membros da Asociación ecoloxista Salnés sobre o desastre ecolóxico do Prestige acontecido hai vinte anos e recuperouse unha exposición que fixera a profesora Adela Leiro (hoxe xubilada, pero continúa colaborando no centro).
Para rematar a semana, o alumnado tivo a sorte de traballar a Astronomía e ver o cosmos a plena luz do día desde un planetario portátil que foi instalado no ximnasio ( ASTRONOMÍA ).
Non podemos esquecernos da lectura do manifesto de José Tubio que leron as alumnas de 1º de Bacharelato, Raquel Bea, Mercedes Suárez e Naia Rodríguez (LECTURA MANIFESTO ), e da escolma de lecturas sobre esta temática...
No hay comentarios:
Publicar un comentario