Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

lunes, 23 de marzo de 2015

A Poesía está en todas as cousas. Non só de palabras vive o Poema, tamén das diversas ópticas que constrúen as miles de realidades, e interpretacións, diferentes. A contextualización incide na mensaxe. Nada é verdade nin mentira...Todo é posible en función da revisión das clásicas hipóteses. Cada tempo ten os seus iconos e as súas simboloxías. As verdades absolutas deixaron de selo, agás a musicalidade, o sentido de trascendencia e a mensaxe encriptada dun Poema. Mentras existan as emocións, a capacidade de sorpresa e a tenrura, existirán os Versos e será imprescindible a Poesía. Hoxe, un ano máis celebramos o Día da Linguaxe Poética. Sexa en imaxe ou sexa en verso... ¡Un millón de anos máis para a Poesía!