Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

lunes, 16 de marzo de 2015

FORMACIÓN DE USUARIOS

Nada máis prometedor que darlle inicio e benvida aos novos usuarios da nosa Biblioteca. Nun ambiente de alegre compañerismo, os alumnos e alumnas de 1º da ESO, achegáronse para ser "adestrados" no manexo das clasificacións e localización dos libros nos andéis. Aínda que neste ano, foi un pouco máis tarde do habitual, debido ás obras de ampliación e substitución das antigas estanterías, por deseños novos de maior atractivo e funcionalidade.
Lectores iniciados son lectores concienciados. Saber o manexo e a ordeación das obras, crea lectores novos autosuficientes e capaces de acceder, en mellores condicións, á  lectura. ! Dende a base, para seguir medrando en número, calidade e eficacia!

No hay comentarios:

Publicar un comentario