CLUB
DE LECTURA 2015/2016
Empezamos, co novo curso, unha nova andaina deste noso querido Club de Lectura Hipocampo Asorey. Neste ano, teremos dous grupos: un formado por chicos e chicas de 1º e 2º da Eso, e outro cos rapaces de 3º e 4º. Coa mesma ilusión que o pasado curso, pero con maior proxección. Por iso agardamos que ás lecturas, exposicións e charlas cos autores, poidamos engadir algunha viaxe para coñecer novas rotas literarias e novos lugares de interese.
Empezamos con Ari e o Minotauro, de Ramón
Caride, e O Espido de Gina, de
Miguel Anxo Fernández. Dous ourensáns que viven,senten e crean a súa obra en
Cambados, entre nós.
A Lectura, é
unha fiestra aberta que permite voar; poñer cores, voces e
caras aos personaxes que nos permiten sentir amor ou odio, tenrura ou
paixón ao imaxinar historias e mundos que, polo menos durante uns intres,
logran facernos felices.