Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

jueves, 17 de noviembre de 2016



O sorriso co que nos agasallaba sempre Francisco Xabier Pérez Vázquez, Narf  (1968 Silleda), cesou de alumar , pero deixou a obra feita. Narf foi poñendo notas musicais e voces coma un canteiro poñería pedras nunha ponte dun lado ao outro do mar, un pé na Galiza outro en África, mesturando estilos musicais e afianzando os vencellos entre o galego e o portugués.
Con Manecas Costa deixounos o disco Aló irmao! e na súa derradeira actuación o pasado 23 de outubro en Santiago durante o Womex actuou coa súa banda de Mozambique Timbila Muzimba. Outros tres discos seus son Nas tardes escuras, con doce cancións arredor de Rosalía,Tótem  e As baladas da Galiza Imaxinaria con Uxía Senlle.
Se Cunqueiro non erra, cando morre un músico o derradeiro suspiro vai durmir para sempre na brisa que se arrola nas pólas das bidueiras, entre os merlos, que se fan a un lado para deixarlle sitio.
Estea onde estea, alá teñen que saber que, como el contaba nunha historia que lle aconteceu en Mozambique, merece tratamento VIP ¡Pa! Tratamento ¡VIP!


Se queredes lembrar a última entrevista que as nosas compañeiras Iria Ferreiro e Candela Rial lle fixeron o curso pasado, non tedes máis que pinchar no blog na Revista Jolichadas 2016.

No hay comentarios:

Publicar un comentario