Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

miércoles, 23 de mayo de 2018

Celebramos a SEMANA DAS LETRAS

A escritora Montse Fajardo  falaunos  do seu libro Invisibles. Un libro duro no que recolle testimonios da vida de sete mulleres que sufriron maltrato e violencia de xénero. Un libro que pretende concienciar sobre o problema , onde as actitudes machistas derivan en situacións duras e incluso morte. Cunha palabra precisa e intensa, fixo a disección dun libro que ten a vida e o testimonio de vidas que están ao noso redor e ao noso carón e nas que nos fixamos tan so cando son parte das tráxicas noticias dos telexornais.


Tamén contamos coa presenza do fotoxornalista Felipe Carnotto para concienciarnos, a través da palabra e da imaxe, da difícil situación pola que atravesan os refuxiados sirios.


E en estrea  mundial, o grupo de teatro Asorey, representou “NON HAI LADRÓN QUE POR BEN NON VEÑA"  con moitisimo éxito. Parabens!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario