Dende
o IES Asorey, a Comunidade Educativa de alumn@s e Profesor@s, queremos
poñer en valor a Igualdade e por iso, ao longo deste curso, moitas
actividades tiveron coma leit motiv a denuncia da discriminación e o
traballo en positivo pola maior visibilización da muller en todos os
aspectos. A parede da Igualdade ou o Mural da Educación fonte de Paz,
dirixidas e creadas por Gerardo Rodríguez, “Chere”, foron dúas pezas
máis neste programa que agora culminamos con "SINGULARFEMME". Contamos
tamén con moitas aportacións de artistas amig@s, aos que agradecemos a
súa colaboración que agranda aínda máis, a calidade artística da Mostra.
Dende a Pintura, a Fotografia, a Escultura ou a Música, a linguaxe
artística fala hoxe de Muller e de Igualdade.