Páginas

MIRADAS sentimento AVENTURAS medos LEDICIAS encontros PAISAXES olores CAMIÑOS emocións AGARIMOS

Se está nun libro, nós témolo. Só tes que entrar e ver. Este é o blogue da Biblioteca Asorey e do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey.

miércoles, 26 de junio de 2019

O CAMIÑO DE SANTIAGO: A VARIANTE ESPIRITUAL DO SALNÉS.

O proxecto está concebido coma unha interacción coa Comarca na que na vivimos. Un espazo físico  que dende antigo, estivo conformado e delimitado por unha serie de pobos e culturas en torno á Ría de Arousa.
O descubremento do sartego do Apóstolo Santiago nos inicios do século IX, deu lugar a aparición dunha serie de camiños de peregrinación da que a nosa comarca non foi allea.
A Ruta ou Camiño Portugués, é a que circula máis perto de nós. Pero vai dende Pontevedra a Caldas de Reis, e dende alí a Padrón. Hoxe, dende Pontevedra e o Mosteiro de Poio, ata o de Armenteira e seguindo o cauce do río Armenteira, desenvolveuse un camiño que ven a ser unha variante deste camino portugués. Enlaza en Vilanova cunha ruta marítima que leva a Padrón e dende aí a Compostela.
Polo tanto coñecer a nosa estrutura administrativa, Concellos do Salnés, camiños e natureza, e o noso Patrimonio histórico artístico, foron os eixos en torno aos que xirou a realización deste proxecto.